🏛️ O concello de Dodro avanza
🚧 Un dos obxectivos de este goberno é desde o principio a mellora das nosas aldeas e rueiros, Aínda que a burocracia fai máis longo do debido a consecución de moitas das obras o resultados acaban chegando. 🦺
Mostramos unha primeira parte do resultado de ese constante traballo. Obras que supuxeron un investimento, grazas aos plans de obras e servizos da Deputación da Coruña, de máis de 300.000 euros en lugares como Piñon, Paizal, Manselle, Teaio, Laiño, Rial da Lagoa ou Lestrobe. Seguiremos mostrando as melloras no concello porque seguimos traballando en outras moitas zonas. 👷♂️
🛣️ Nun pobo sempre quedan cousas por facer e mellorar, pero máis alá de promesas os feitos vense ao remate e non co anuncio. Desde o concello queremos agradecer á veciñanza a colaboración e garantir que seguiremos traballando para facer un Dodro mellor e máis coidado.