O concello de Dodro informa 🏛️
Estamos levando a cabo unha das obras máis demandadas pola comunidade educativa do Colexio de Chenlo, que forma parte do Colexio Rural Agrupado. CRA, de Dodro -Padrón. 🏡
A obra consiste na mellora da accesibilidade ao colexio; estase a construír na rampa de acceso, e unha plataforma de formigón de 325 m2 que permitirá que as familias acheguen aos nenos practicamente ata a porta da escola desde o coche.
As obras están a realizarse co persoal do Obradoiro de emprego dos concellos de Padrón e Dodro, e financiación do propio concello de Dodro. 🏗️
Aproveitamos para pedir comprensión a todos os usuarios, xa que a obra polas súas dimensións está a ocasionar pequenos inconvenientes. Estes pequenos problemas xa estaban previstos e non son demasiado graves. Un deles é o non poder acceder ata a finalización da obra ao patio escolar por parte das familias. Os nenos non teñen ningún problema xa que todo está coordinado co profesorado. 🚧
A obra rematará nos próximos días. 🧱