O concello de Dodro informa 🏛️
O Concello de Dodro abre o proceso selectivo para contratar 1 Asistente/a de Dirección e Administrativo/a 🧑💻
Esta contratación temporal realízase dentro do proxecto "Garantía Xuvenil Dodro 2026", financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e cofinanciado pola Unión Europea (Programa FSE+ Galicia 2021-2027). 👩🎓
➡️ Os aspirantes deberán estar desempregados/as, inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados/as e ter solicitada a ocupación correspondente (CNO 3613).
➡️ Estar inscritos/as como beneficiario/a no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia.
➡️ Ter cumpridos os 18 anos e non superar os 29 anos. Posuír como mínimo o Bacharelato, Formación Profesional de Grao Superior ou equivalente.
Se compres os requisitos de idade e titulación, pero aínda non tes esta ocupación (CNO 3613) engadida na túa demanda de emprego, vai canto antes á túa oficina de Emprego Galicia para solicitala. Así poderás entrar na lista de persoas preseleccionadas para o posto!
Podes consultar as bases completas publicadas no taboleiro de anuncios do Concello a través do seguinte enlace: https://sede.dodro.gal/sxc/gl/informacion/tablon/
Se precisas máis información contacta co persoal do Concello de Dodro:
👤 Técnica de Emprego e Desenvolvemento Local ou coa Orientadora Laboral
📞 Teléfono: 981 802 062