Noticias y alertas

💜 AS PERSOAS QUE COIDAN TAMÉN PRECISAN COIDADOS Coidar doutra persoa é unha tarefa fundamental, pero tamén pode ser esi...

14/09/2026

💜 AS PERSOAS QUE COIDAN TAMÉN PRECISAN COIDADOS
Coidar doutra persoa é unha tarefa fundamental, pero tamén pode ser esixente e levar consigo unha importante carga física e emocional. Por iso, coidarse e saber onde atopar apoio tamén forma parte do coidado.
Desde o Concello de Dodro animamos a todas as persoas coidadoras a participar neste Obradoiro de autocuidado para coidadoras de persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA).
🧠 Falaremos sobre o DCA, a dependencia e a discapacidade, sobre o que significa coidar, como previr a sobrecarga e os recursos e servizos que poden axudar nesta tarefa.
🌱 Tan importante é saber coidar como saber quen nos pode axudar a coidar.
🎓 As persoas asistentes recibirán un certificado de superación da formación.
📍 29 de setembro | 17:00-19:30 h | Casa da Cultura de Dodro
📲 Inscricións: Servizos Sociais do Concello de Dodro — 981 802 466
🤝 Grazas a Dano Cerebral Galicia, á Escola Galega de Saúde para Cidadáns, ao Grupo Tragsa e á Deputación da Coruña pola colaboración.
@danocerebralgalicia
#Dodro #Coidados #Autocoidado #DanoCerebralAdquirido #ServizosSociais #ConcelloDeDodro #Corresponsabilidade

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies