Noticias e alertas

🏛️ Esta mañá o Pazo de Lestrove acolleu a Xornada de Experiencias Empresariais e o acto de clausura do Programa Integ...

25/09/2026

🏛️ Esta mañá o Pazo de Lestrove acolleu a Xornada de Experiencias Empresariais e o acto de clausura do Programa Integrado de Emprego do Concello de Dodro, unha iniciativa de carácter estratéxico orientada a mellorar a empregabilidade e a inserción laboral de 100 persoas desempregadas dos concellos de Rois, Valga, Pontecesures, Padrón, Catoira e Dodro.
👨‍🏫 Ao longo dos últimos meses, o programa desenvolveu un conxunto estruturado de accións formativas, obradoiros especializados e itinerarios personalizados de orientación laboral, deseñados para facilitar a incorporación efectiva ao mercado de traballo.
🛠️ A iniciativa estivo cofinanciada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e por fondos finalistas do Servizo Público de Emprego Estatal, no marco das políticas activas de emprego impulsadas en Galicia.
🚧 O acto institucional de clausura deu comezo coa intervención dos alcaldes dos concellos de Dodro, Pontecesures, Padrón, Catoira, Rois e Valga, así como do representante da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña, o director territorial Juan José Couce Prego.
👷‍♂️ Todos eles salientaron o compromiso amosado polas persoas participantes e destacaron a importancia de continuar impulsando programas que reforcen a capacitación profesional, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento socioeconómico da comarca.
💬 A continuación, celebrouse o coloquio empresarial, no que interviñeron representantes de compañías de referencia na contorna, como SIF SL, STAC SL, Cortizo SA, FINSA, Ana Muñiz SL, FESBA S.L e outras entidades convidadas. Durante a sesión, as empresas expuxeron a súa actividade, os perfís profesionais máis demandados e os seus procesos de selección de persoal.
🏢 As persoas participantes tiveron a oportunidade de coñecer de maneira directa a realidade do tecido empresarial da comarca, así como de formular cuestións de interese vinculadas ás súas expectativas profesionais.
🏭 Nesta edición o Programa Integrado de Emprego acadou uns resultados de inserción altamente positivos, dado que o 48% das persoas participantes formalizaron un contrato de traballo e, ao menos, o 37% cumpriron o obxectivo de inserción establecido na normativa reguladora.pola que se rixe este programa.
👨‍🎓 Ademais, contribuíu de forma decisiva ao fortalecemento das competencias profesionais das persoas participantes, especialmente en sectores cunha elevada demanda de emprego, consolidando o impacto formativo e a eficacia das accións desenvolvidas.
🏛️ O Concello de Dodro expresou o seu agradecemento ao equipo técnico, ás entidades colaboradoras e, de maneira especial, ás persoas participantes, cuxo esforzo, dedicación e compromiso fixeron posible estes resultados e consolidan novas oportunidades de futuro para a veciñanza da comarca.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies