📅 Os cativos e mozos de máis de cinco anos teñen unha cita este mes na biblioteca municipal de Dodro cun obradoiro moi especial.
🥫🥫🥫 "Conservas O Noso" é un taller creativo de arte urbana pensado para escolas e bibliotecas. Abordaremos a conservación do patrimonio cultural galego envasando tradicións e costumes, os participantes crearán e etiquetarán latas de conserva, fusionando creatividade e herdanza cultural nunha actividade que combina diversión e a preservación da nosa identidade galega. 🥫🥫🥫
🏫 Será o vindeiro 23 de outubro, ás cinco e media da tarde, na biblioteca de Dodro e impartido polo Comité Ilustrado. Unha actividade na que colaboran a Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o concello de Dodro.
🤙 Prazas limitadas, inscricións ata o 20 de outubro no 981807422
Cultura da Deputación da Coruña
@culturadadeputaciondacoruna