Noticias y alertas

O concello de Dodro informa 🏛️ 🗳️ Con motivo da convocatoria das eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro de 2026...

11/10/2026

O concello de Dodro informa 🏛️
🗳️ Con motivo da convocatoria das eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro de 2026, este luns día 12 comeza a exposición pública do censo electoral co obxectivo de que a veciñanza poida verificar os seus datos e comprobar que figura correctamente nas listas do mencionado censo.
📅 As listas do censo electoral poderanse consultar desde mañá luns día 12 ata o luns día 19, ambos os dous incluídos.
🕐 O trámite poderá realizarse presencialmente na Casa do Concello, de luns a venres, en horario de atención ao público, de 9.00 a 14.00 horas. Nestas mesmas datas e horario tamén se poderán presentar as reclamacións oportunas no caso de detectar erros ou omisións.
👩‍💻 A consulta do censo é de especial interese para as persoas que veñen de cumprir os 18 anos e poden votar por primeira vez ou cambiaron de enderezo recentemente. Hai que lembrar que os empadroados a partir do pasado 31 de xullo de este ano, 2026, deberán votar no concello de procedencia ou por correo.
☎️ Para resolver calquera dúbida ou realizar consultas adicionais sobre a inscrición padroal e electoral, o Instituto Nacional de Estatística (INE) pon á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 900 343 232.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies