Noticias e alertas

🏃‍♂️ Este luns 12 de outubro tivo lugar a XXI edición da Carreira Pedestre de Lestrobe. Unha nova edición de esta clá...

13/10/2026

🏃‍♂️ Este luns 12 de outubro tivo lugar a XXI edición da Carreira Pedestre de Lestrobe. Unha nova edición de esta clásica que se organizou por primeira vez no ano 1992 e que na actualidade atópase no “XII Circuíto de Carreiras da Deputación da
Coruña”.
Nesta edición contouse con 365 inscricións entre todas as categorías. 🏃‍♀️
🥇 Na proba absoluta 8K acadaron o primeiro posto Tamara García Rodríguez cun tempo de 31:37 e Rubén Vicente Ríos cun tempo de 26:25.
No 4K subiron ó máis alto do podio Jorge Salgado Pouso 13:22 e Elena Veres Ojea 15:28.
Todos os resultados poden consultarse na páxina de Carreiras Galegas no seguinte enlace:
https://www.carreirasgalegas.com/…/xxi-carreira-pe…/xmA28D9Z
🏛️ Desde o Concello de Dodro agradecemos á veciñanza de Lestrobe a súa comprensión cos cortes de tráfico e a colaboración coa retirada de vehículos das zonas de paso da carreira.
♥️ Agradecemento tamén para Protección Civil de Padrón e o seu persoal voluntario que levou a cabo o operativo de seguridade da proba.
E gratitude a todas as persoas que dunha forma ou outra botaron unha man en diferentes funcións para que esta proba se puidese levar a cabo. Esta colaboración é a que fai posible a celebración de este evento deportivo.
♥️ Á Asociación Colectivo Remonte e á Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar – A Orixe que apoian a organización realizando diversas tarefas no día da proba. A Manuel Serafín Rodríguez que non falla como voluntario. E ó triatleta Uxío Abuín que sempre está disposto a colaborar en esta proba á que tanto cariño lle ten e na que podemos contar con el como apertura de luxo nos diferentes circuitos, desde a proba absoluta ata a categoría “pavón”.
🏆 Pechouse a proba coa entrega de premios a cargo do alcalde do Concello de Dodro Francisco Xabier Castro Tourís, o tenente de alcalde e concelleiro de ordenación do territorio, obras e servizos e de cultura Ramón Abuín Gómez e a concelleira de servizos sociais, igualdade e relacións veciñais Mª Teresa Batalla Romero.
🎞️ Para poder ver as imaxes que se tomaron da proba picar no seguinte enlace:
https://drive.google.com/…/1gH4pMMdTNMKRBuCj6ileTeXq9elHXOg…

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies