Noticias e alertas

Esta semana o programa de «Outono das Artes» da Deputación da Coruña chega ao CPI de Dodro: 🎥 Documental e coloquio sob...

20/10/2026

Esta semana o programa de «Outono das Artes» da Deputación da Coruña chega ao CPI de Dodro:
🎥 Documental e coloquio sobre SALVAXE, SALVAXE. Traballo dirixido por Emilio Fonseca e producido por Xiana do Teixeiro. Trátase dun filme-ensaio que percorre “terras de lobo”, onde humanos e lobos aínda conviven, en Galicia e Portugal. É un exercicio de cinema emocionado e comprometido coa natureza que somos, co territorio que habitamos e coas relacións con todas as outras criaturas coas que convivimos e das que dependemos.
🏅 Biznaga de Plata á mellor longametraxe documental na 27ª edición do Festival de Málaga.
Mellor Filme Galego no Play-Doc.
📅 Venres, 23 de outubro
🕗 10.50 h
📍 CPI Eusebio Lorenzo Baleirón
🎟️ Actividade dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO
Iniciativa promovida pola Deputación da Coruña (Cultura da Deputación da Coruña) na que colaboran o Concello De Dodro e o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.
Cultura da Deputación da Coruña

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies