🟣 Dodro reúne a cuarta xuntanza da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero.
Oa representantes municipais, grupos políticos, Servizos Sociais, CIM Terras de Iria, Centro de Día, Andaina Prosaúde Mental e AMIPA saímos da xuntanza con dous compromisos claros:
✔️ Formarnos en 2027 a través do programa da Xunta para o impulso das Mesas Locais, para mellorar a coordinación e ofrecer unha mellor resposta á veciñanza.
✔️ Actualizar o Protocolo municipal de actuación fronte á violencia de xénero, vixente desde 2013, a través dunha comisión técnica interdisciplinar que se constituirá o vindeiro ano.
Compartimos ademais o traballo de cada entidade e tecemos novas colaboracións de cara ao 25N.
Grazas a todas as persoas e entidades participantes polo seu compromiso. A loita contra a violencia machista é tarefa de todas e todos. 💜
🟣 Actuación da Área de Igualdade, co apoio da Deputación da Coruña (Programa de financiamento de persoal técnico de igualdade de xénero e FOAI 2026).
#Dodro #25N #ViolenciaDeXénero #Igualdade #MesaLocal #DeputaciónDaCoruña