O concello de Dodro informa 🏛️
📸 Un ano máis comezamos a traballar na confección do calendario para o 2027 que levará as vosas fotografías.
🎞️ Buscamos 14 imaxes, 12 meses , portada e contraportada, que identifiquen a historia de Dodro. Podedes participar todos os que queirades, os menores precisarán dunha autorización dos pais ou titores.
📅 As fotografías deberán poñer en valor o noso patrimonio cultural, histórico, natural, e paisaxístico. Deberán presentarse nun formato dixital jpg, en color e cun tamaño e resolución óptima; recoméndase un mínimo de 3 megapixeles. Terán que estar nomeadas cun título ou frase que describa o contido ou a historia da fotografía e cada concursante poderán presentar ata 3 imaxes.
📧 As fotografías deben enviarse ao correo inf@dodro.gal ; no asunto do correo debe indicarse CONCURSO “CALENDARIO 2027 CONCELLO DE DODRO”. O prazo de presentación renata o 20 de novembro.
🗄️ Deixámosvos todas as bases e a folla de inscrición que debe ser cuberta e enviada xunto coas imaxes.