🏛️ O concello de Dodro informa
🎄 A Xunta de Galicia abre o programa Xuntos polo Nadal
🎄 O obxectivo da iniciativa é que as persoas maiores que estean soas poidan pasar estas datas acompañadas doutras persoas na mesma situación, cun amplo programa de actividades socioculturais.
📅 Os períodos son os seguintes:
• 16 días: do 23 de decembro de 2026 ao 7 de xaneiro de 2027
• 8 días: do 23 ao 30 de decembro de 2026
• 8 días: do 31 de decembro de 2026 ao 7 de xaneiro de 2027
🏞️ Un programa que se desenvolverá, no caso da provincia da Coruña na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense). O programa inclúe Aloxamento en habitacións compartidas; manutención en réxime de pensión completa; actividades de animación sociocultural e traslado en autobús desde as principais cidades (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo).
📄 Os requisitos para participar son os seguintes:
• Ter 60 anos ou máis.
• Estar empadroado en Galicia.
• Vivir só no seu domicilio e non ter con quen pasar as datas do Nadal.
• Valerse por si mesmo e non padecer enfermidades transmisibles, nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.
• Recoméndase estar vacinado fronte a Covid e a gripe.
🧓 Terán preferencia as persoas que:
• Perderan ao seu cónxuxe ou á persoa coa que convivisen nos últimos dous anos.
• Teñan máis idade.
• Non participaran en edicións anteriores do programa.
📩 Solicitudes:
📅 O prazo de solicitude vai do 16 ao 30 de novembro de 2026 (am-bos incluídos).
Deberase cubrir a solicitude, declaración responsable e informe social.
Máis información e trámites no Departamento de Asuntos Sociais do concello e no 981 802466.