Noticias e alertas

🚌 Dodro demanda da Xunta de Galicia unha mellora no transporte público despois de todas as carencias detectadas tras...

28/11/2026

🚌 Dodro demanda da Xunta de Galicia unha mellora no transporte público despois de todas as carencias detectadas tras a concesión do contrato para a Comarca do Barbanza.
💺 A posta en funcionamento da nova concesión para a Comarca do Barbanza (contrato XG847) supuxo unha importante reorganización de percorridos, paradas e horarios do autobús que comunica Dodro cos municipios de Padrón, Santiago de Comnpostela e o Barbanza.
🚍 Dita concesión mermou e reduciu drásticamente a frecuencia e conexión de Dodro, en autobús, co resto do territorio. Circunstancia que afecta ás persoas usuarias do servizo e, de xeito grave, a estudantes e persoas traballadoras.
🚌 Ante as sucesivas queixas da veciñanza, o Concello de Dodro facilitará unha recollida de reclamacións para as persoas afectadas, co obxecto de darlle traslado á Xunta de Galicia.
📄 O documento oficial de reclamación estará á disposición da poboación os días hábiles, na Casa do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 h, e na Casa da Cultura, en horario de 10.00 a 15.00 e de 15.30 a 19.00 h.
📢 A finalidade desta medida é conseguir a revisión e mellora da actual concesión de transporte e un servizo público de calidade, adaptado ás necesidades reais da cidadanía.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies