22/05/2025
O concello de Dodro e o colectivo Remonte organizan a 5º Andaina Nocturna Bisbarra do Sar. Un percorrido circular de 12 quilómetros que se fará o vindeiro día 30, a partir das dez e media da noite. 🚶 🚶 🚶
O ano pasado participaron 150 persoas e agardamos superar esta cifra. O percorrido sae e chega ao Pavillón Municipal e pasará por Reboiras, Eiro, Laíño, Manselle, Rialiño, Susavia, Dodriño e Vigo. 🏘️
Recomendamos levar unha mochila con tiritas, un vaso ou botella para recoller auga e un frontal ou lanterna Haberá un control de paso con auga no quilómetro 7, en Rialiño. Ao chegar entregaranse diplomas, chocolate e melindres para repoñer forzas. 🦺
En caso de calquera dúbida o cuestión, podedes contactar co teléfono 630708435 para aclaralas. Os dorsais entregaranse desde 45 minutos antes da saída. 🚶 🚶 🚶
As inscricións para os empadroados en Dodro poden realizarse no departamento de deportes, no 981803522. Os non empadroados dirixiranse a web www.andainabisbarradosar.com .
Animádevos a participar nunha proba distinta e divertida!!
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies