17/02/2026
🌿🚶 Programa de Sendeirismo 2026 🚶🌿
Coa mirada posta na chegada do bo tempo, O Concello de Dodro presenta un programa de sendeirismo pensado para gozar da natureza, descubrir novas paisaxes e compartir bos momentos en grupo.
📅 4 rutas durante os meses de abril, maio e xuño, en contornas naturais de gran beleza.
Unha oportunidade perfecta para activar corpo e mente mentres exploramos camiños únicos da nosa comunidade.
🌄 Beneficios do sendeirismo:
✔ Mellora da saúde cardiovascular
✔ Fortalecemento muscular e das articulacións
✔ Redución do estrés e mellora do estado de ánimo
✔ Contacto coa natureza e desconexión dixital
✔ Fomento das relacións sociais e do compañeirismo
O sendeirismo é unha actividade accesible, saudable e perfecta para todas as idades. Non importa se tes experiencia previa ou non: o importante é ter ganas de camiñar e pasalo ben!
📌 Ábrese o proceso de preinscrición para todas aquelas persoas interesadas en participar.
As prazas son limitadas, así que non perdas a oportunidade de formar parte desta experiencia.
👉 Para máis información podes ollar o seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/1yg6yPLyLti6zlw7FFWcGOjQ6spLGTJlZ/view?usp=drive_link
Para formalizar a preinscrición 📝 contacta co Departamento de Deportes sito no Pavillón Polideportivo Municipal. 981.80.25.32 / 689.897.223 / deportes@dodro.gal
¡Anímate a dar o primeiro paso! 🌿👣
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies