Noticias y alertas

O concello de Dodro informa 🏛️O concello de Dodro descubriu este pasado...

23/02/2026

O concello de Dodro informa 🏛️



O concello de Dodro descubriu este pasado domingo que se cometera un furto na pista que transcorre paralela á estrada AC- 305. As sospeitas apuntan a que o roubo cometeuse na noite do sábado de piñata xa que o venres pasado as luminarias funcionaban. Foron varios os veciños que o domingo decatáronse da falta de iluminación.



Os ladróns levaron 600 metros de cable recentemente colocado. Este cable puxérase para iluminar unha zona moi transitada por veciños e veciñas que saen a camiñar habitualmente. O concello elaborara no seu día este proxecto por esta mesma razón polo que o roubo, máis alá do custo económico, prexudica de xeito directo á veciñanza da zona.



Ademais do cable hai que dicir que os ladróns rebentaron as arquetas para cortar e retirar o cable. O roubo súmase a outros cometidos na mesma pista e tamén de cable municipal. Un dos roubos produciuse hai uns meses nun tramo da aldea de Lestrove, no que se levaron tamén mobiliario na mesma senda.



O roubo foi denunciado a Garda Civil no cuartel de Padrón. A benemérita achegouse no mesmo domingo a inspeccionar a zona e segue cvoas pesqueisas.























Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies