Noticias y alertas

O Concello de Dodro celebra hoxe o Día do Libro coa emisión do programa radiofónico "HOY POR HOY SANTIAGO de Radio Galicia Caden...

23/04/2026

O Concello de Dodro celebra hoxe o Día do Libro coa emisión do programa radiofónico "HOY POR HOY SANTIAGO de Radio Galicia Cadena Ser". 📻



No marco do mesmo, ás 13.00 horas, a xornalista Ainhoa Apestegui entrevistará a poeta - Noelia Gómez Calvo-, a tradutora e editora- Celia Recarey Rendo-, a condutora do Club de Lectura que comparten o Concello e o Centro de Día de Dodro -Mónica Rodríguez Varela- terapeuta ocupacional do citado centro, a lectora e a usuaria do club -Mª Divina Catoira Mariño- e o alcalde de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís. 📚



Coa emisión deste programa preténdese conmemorar esta data literaria, dando a coñecer distintos roles profesionais no mundo da produción literaria ao tempo que destacar o libro como ben cultural e a vinculación territorial de Dodro cunha comunidade con forte importancia no mundo literario.



Poderedes escoitar o programa en directo no pe da páxina da emisora, da que deixamos o enlace https://cadenaser.com/radio-galicia/



Lembramos, ademais, que durante este mes a área municipal de Cultura de Dodro en colaboración coa hostalería local desenvolve a iniciativa "CAFÉLIBROS".



Baixo a premisa de que calquera lugar ou escenario é bo para acompañarse e desfrutar dun libro e dunha boa lectura, desde a Biblioteca de Dodro preparáronse unhas caixas cunha selección de publicacións para a distintos públicos e diferentes intereses ou temáticas que viaxaron ata as cafeterías e bares, onde estarán accesibles prestando un servizo de lectura a clientela dos citados locais.



A través desta experiencia o Concello de Dodro procura democratizar o libro e polo tanto a lectura, achegando este recurso a outros espazos e públicos máis aló da Biblioteca Pública Municipal de Dodro.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies