04/06/2026
Ven a limpar os meandros do Sar cos voluntarios de PLANCTON
Voluntarios convocadas por Afundación a través do seu portal Actúa, participarán mañá sábado pola mañá nunha xornada de voluntariado ambiental nos concellos de Dodro e Padrón.
PLANCTON é o Plan de Conservación Territorial impulsado pola Obra Social de ABANCA. En esta ocasión o obxectivo é visibilizar que a chegada dos lixos ao mar comeza en moitas ocasións río arriba.
Preto do 80% dos lixos mariños proceden do continente, mentres que tan só un 20% é debido ás actividades socioeconómicas desenvolvidas no mar.
As tarefas de limpeza principiarán ás 10:00 da mañá, e finalizarán cara as 14:00, unha vez finalizada a clasificación e pesada dos residuos retirados dos meandros.
A actividade contará coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático quen participou activamente nas tarefas previas de planificación da actividade xunto coa dirección técnica do proxecto PLANCTON, e dos concellos de Dodro e de Padrón, facéndose este último cargo da xestión final dos lixos retirados ao longo da xornada.
Punto de encontro : https://maps.app.goo.gl/xbcYG4E7gXKynJQN9
Máis información sobre o proxecto PLANCTON https://plancton.afundacion.org/
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies