09/06/2026
🌈 DODRO con ORGULLO
A campaña do Orgullo xa está en marcha en Dodro.
Durante este mes de xuño desenvolveranse actividades educativas, culturais e comunitarias arredor da diversidade, o respecto, a igualdade e a liberdade con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, que se conmemora o 28 de xuño.
A programación inclúe unha actividade audiovisual e coloquio, un acto institucional aberto á veciñanza, accións socioeducativas nos centros educativos e iniciativas de visibilización da diversidade no espazo público.
Porque Dodro é diverso. Porque Dodro é orgullo.
🤝 Actividades promovidas polo Concello de Dodro coa colaboración da Deputación da Coruña.
#Igualdade #Diversidade #DodroConOrgullo #28Xuño #OrgulloLGTBIQ #Dodro #DeputaciónDaCoruña
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies