Noticias e alertas

O pasado sábado máis de 20 persoas colaboraron no proxecto PLANCTON, Plan de...

11/06/2026

O pasado sábado máis de 20 persoas colaboraron no proxecto PLANCTON, Plan de Conservación Territorial promovido por Afundación, limpando os meandros do río Sar.



Dos meandros retiráronse 1.579,5 quilogramos de residuos. Máis de 300 botellas de vidro, principalmente de viño, cervexa e gasosa, e máis de 400 botellas de plástico de aceite, produtos de limpeza, etc. Tamén se atoparon grandes plásticos agrícolas, unha hidrolimpadora, caixas de bebidas, calzado, lámpadas, cestos e cubos e mesmo cadeiras de plástico e obxectos voluminosos como lavadoras, pneumáticos, rodas de bicicleta, taburetes, un patinete infantil e unha cadeira de coche para nenos.



O voluntariado de PLANCTO atopou e retirou, ademais, aveños domésticos antigos, como potas e cazuelas de cociña, que probablemente levaban moitos anos na canle fluvial, acumulándose no fondo.



A actividade contou coa colaboración dos concellos de Dodro e Padrón. Tamén apoiaron esta iniciativa os axentes de distrito da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, encargándose de facilitar a localización dos residuos durante os labores previos de planificación da actividade.



Desde o concello de Dodro lembramos servizos como o punto limpo móbil e a recollida de voluminosos que axudan a manter o noso pobo limpo. Tamén agradecemos ao voluntariado o traballo realizado.



























Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies