Noticias y alertas

🌈 DODRO con ORGULLO

24/06/2026

🌈 DODRO con ORGULLO



Para despedir o curso escolar, o alumnado do C.P.I. Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón participou nunha actividade incluída na programación do Mes do Orgullo 2026.



A través da narración, da imaxinación e da participación, as nenas e os nenos reflexionaron sobre a importancia da liberdade para ser, elixir e convivir nun mundo diverso.



Unha proposta que nos lembrou que as diferenzas non nos separan: enriquécennos. Porque cada persoa é única e porque a diversidade fai mellor a nosa comunidade.



Queremos agradecer especialmente a Caxoto e á Trastenda dos Contos por acompañarnos nesta actividade e por achegar ao alumnado, dun xeito próximo, creativo e participativo, valores como o respecto, a igualdade e a convivencia.



Grazas tamén ao alumnado e ao profesorado por compartir esta experiencia e por contribuír a construír espazos educativos baseados no respecto e na diversidade.



Porque Dodro é diverso.

Porque Dodro é orgullo. 🌈



🤝 Actividade incluída no Circuíto en Igualdade da Deputación da Coruña e desenvolvida coa colaboración do Concello de Dodro.



#Igualdade #Diversidade #DodroConOrgullo #28Xuño #OrgulloLGTBIQ #Dodro #DeputaciónDaCoruña @depucoruna @culturadadeputaciondacoruna @caxoto_ _



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies