Última xornada en Dodro do Festival Internacional Atlántica de Narración Oral, un evento que cada ano faios lembrara a importancia da tradición oral e o desfrute que supón unha historia ben contada,
🪔 Esta noite a cita é as 9 no Pozo de Concheiro, ou do Liño, en Eiro co espectáculo “Historias raianas”. Para contarnos esas historias chega desde Huelva Orene Reina, narradora oral, cantante, dramaturga, actriz e investigadora da tradición oral.
A súa práctica artística sitúase no cruzamento entre a narración oral, a música e a investigación, espectáculos que parten de repertorios populares, romances e cantos tradicionais, traballados a partir de documentación académica e traballo de campo. Ademais, realiza un importante labor como programadora cultural, xa que é responsable da coordinación de ciclos de narración oral na Fundación Cajasol, así como formadora en obradoiros de narración oral e creación.
Máis información na web do Festival Atlántica https://festivalatlantica.gal/
#festivalatlantica Festival Atlántica Cultura da Deputación da Coruña