Noticias e alertas

📢 ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN O Concello de Dodro pon en marcha o Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da V...

23/07/2026

📢 ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN
O Concello de Dodro pon en marcha o Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero para Mulleres 2026, unha iniciativa gratuíta pensada para promover o benestar, a saúde, a autonomía e a igualdade das mulleres do noso concello.
Este ano poderás participar nos seguintes módulos:
🧘‍♀️ Ioga + estereotipos de xénero
🤸‍♀️ Pilates + perspectiva de xénero
🌸 Recuperación do chan pelviano, hipopresivos e autocoidado feminino + estereotipos de xénero
🧁 Repostería + perspectiva de xénero
💜 Atención psicolóxica + prevención da violencia de xénero
📍 As inscricións estarán abertas a partir do 24 de xullo no Rexistro Xeral do Concello de Dodro, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
👩 As actividades están dirixidas a mulleres, con preferencia para as empadroadas no Concello de Dodro.
⚠️ As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
🤝 Programa financiado ao abeiro da subvención SI435A para as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, convocada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies