Noticias e alertas

🧁 Seguimos desfrutando da repostería! O pasado venres, 21 de agosto, celebramos a segunda sesión do módulo de Reposterí...

26/08/2026

🧁 Seguimos desfrutando da repostería!
O pasado venres, 21 de agosto, celebramos a segunda sesión do módulo de Repostería + perspectiva de xénero do Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero para Mulleres 2026.
Unha nova xornada para aprender, compartir e desfrutar xuntas, combinando a elaboración de diferentes propostas de repostería cun espazo de encontro e participación. 💜
Pouco a pouco, seguimos sumando experiencias e momentos compartidos neste programa, no que o benestar, a participación e a igualdade camiñan da man.
🤝 Programa financiado ao abeiro da subvención SI435A para as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, convocada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
#Dodro #Igualdade #Mulleres #Repostería #SI435A #XuntaDeGalicia #FSEGalicia #UniónEuropea

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies