Noticias y alertas

⛹️‍♀️ O Concello de Dodro anuncia as “Escolas Deportivas Municipais 2026-2027”. 👟 As escolas deportivas son un progr...

05/09/2026

⛹️‍♀️ O Concello de Dodro anuncia as “Escolas Deportivas Municipais 2026-2027”.
👟 As escolas deportivas son un programa de actividades que ofrece unha alternativa de ocio para a poboación. Esta dividido en 3 bloques en función da idade: menores de 15 anos, persoas adultas e maiores de 65 anos ou persoas con mobilidade reducida.
🥅 Este ano introdúcense algunhas variacións con respecto ó curso anterior buscando unha renovación; actividades novidosas que complementen a oferta deportiva e que buscan chegar a un público máis amplo.
⚽ Para os menores de 15 anos teremos Psicomotricidade, Patinaxe, Multibaile e Artes Marciais Júnior. Para os adultos Ximnasia de Mantemento, Coreodance, Pilates e Full Body. E para os maiores de 65 anos e/ou mobilidade reducida Psicomotricidade e Tonificación.
📅 A inscrición comeza o vindeiro 9 de setembro. As persoa interesadas en formalizar a inscrición poden facelo no Departamento de Deportes, no Pavillón Polideportivo Municipal.
📞 A taxa correspondente a cada actividade farase efectiva unha vez confirmada a praza.
No caso de que as solicitudes superen o número máximo de prazas realizarase un sorteo. Para máis información chamar o 981.80.25.32 ou ao 689.897.223 , por correo electrónico na dirección deportes@dodro.gal 📧

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies