Noticias e alertas

O concello de Dodro informa 🏛️ Ábrese o prazo para solicitar as axudas á escolaridade para o curso 2026/2027. Este ano...

16/09/2026

O concello de Dodro informa 🏛️
Ábrese o prazo para solicitar as axudas á escolaridade para o curso 2026/2027. Este ano o importe por menor ascende a 125 euros.
No BOP do 9 de setembro de 2026 saíron publicadas as bases reguladoras da convocatoria pública de concesión en réxime de concorrencia competitiva de axudas á escolaridade para o curso escolar 2026-2027 (segundo ciclo de educación infantil, primaria e eso)
https://bop.dacoruna.gal/…/…/2026/09/09/2026_0000005819.html
No BOP do día 15 de setembro publícase o EXTRACTO que abre o prazo para solicitar: do 16 ao 29 de setembro de 2026.
https://bop.dacoruna.gal/…/…/2026/09/15/2026_0000005935.html
Todas as familias interesadas poden presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello ou acudindo aos Servizos Sociais para a información que precisen.
Lémbrase que o baremo establecido non son ingresos brutos se non as bases impoñibles que constan na declaración do IRPF. No caso de concesión: a xustificación realizarase mediante facturas, facturas simplificadas ou documentos de valor probatorio equivalente admitidos en dereito, nos que resulte identificable o provedor, a data, o
concepto e o importe do gasto, así como, cando proceda, a persoa solicitante ou destinataria.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies